viernes, 30 de octubre de 2020

A celebración

 Hoxe foi un día  moi emocionante. Disfrazarnos é algo que nos gusta moito. Para sacar a foto intentamos poñer cara de medo a ver se asustábamos á cámara. Este foi o resultado:











No patio fixemos un conxuro que por arte de maxia apareceu na clase. Transformámonos todos en bruxas e bruxos, concentrámonos, engadimos todos os ingredientes e....fíxose a maxia! Pinchade no enlace e mirade:

https://youtu.be/zEkGqg4L9bg

Tamén fixemos un taller de pócemas. 








Ao rematar deixamos rexistro das mesturas que conseguimos facer.


Creamos un pote de pocións. Mesturamos cores, dobramos o papel, purpurina máxica e isto e o que saiu:









Pasámolo xenial!



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Proxecto o corpo

Podedes gozar dun resumo sobre o que traballamos no proxecto do corpo. Presentámosvos a Fermín, foi con el co que comezou todo Estas son alg...