miércoles, 30 de septiembre de 2020

Outono


 O outono xa chegou! Proba diso é esta manualidade tan laboriosa. Antes de facela traballamos a realización das series. Cando xa o tiñamos algo dominado puxémonos mans á obra.




Seguimos a serie colocando de xeito ordenado as cores das tres follas para formar a palabra OTOÑO.






O nome

Seguimos facendo cousiñas co noso nome. Despois das inicias que colocamos na fiestra, continuamos coas demáis letras. Para iso empregamos  a pizarra.



Realizamos o nome tamén de xeito creativo




E ata fixemos unhas pulseras. Non pensedes que foi doado atopar as letras e metelas por un fío tan delgadiño, pero conseguímolo. 



lunes, 28 de septiembre de 2020

Iniciámonos na robótica

 Presentámosvos a nosa amiga Rosalía, este é o nome que entre todos lle puxemos a nosa ratiña. A primeira toma de contacto foi coñecer todos os seus botóns: frechas que fan que Rosalía camiñe cara adiante, atrás, esquerda e dereita. Ao principio empregamos unhas tarxetas para irnos familiarizando co seu uso.



Pero de vez en cando visítanos esta abella, que funciona igual que Rosalía e que empregamos para traballar algúns conceptos coma as formas. Lanzamos dado, observamos a figura que sae e levamos a abella ao obxecto que ten esa forma. Gústanos moito isto da robótica!






miércoles, 23 de septiembre de 2020

Letras

 Comezamos coas iniciais do noso nome, e de paso dámoslle un toque de cor as nosas fiestras.

 




Como podedes ver foi unha actividade moi completa. Empregamos as tesoiras para cortar os anaquiños de papel celofán, pegamolas no forro...






O co interior das letras decoramos a nosa porta da aula. 



lunes, 21 de septiembre de 2020

Máis formas

 Outro conto que nos gustou moito foi o de El travioso Jojó.  Estivemos moi atentos as trasnadas que facía este simpático monstruo e observamos como todo o seu corpo estaba cheo de figuras xeométricas. Decidimos facer o noso propio Jojó. 





jueves, 17 de septiembre de 2020

Tito o malabarista

Co conto de Tito o malabarista recordamos as figuras xeométricas. Tito tiña unha nariz en forma de círculo pero perdeuna. Intenta ir probando outonariz con forma de cadrado, triángulo...pero o seu nariz ten que ser un círculo. Atoparao? Traballamos coa imaxe de Tito a través dun cadro de dobre entrada no que relacionamos a forma do nariz de Tito coa cor correspondente.











Este conto axudounos a poder clasificar distintas formas xeométricas e relacionalas con diferentes obxectos.















 

lunes, 14 de septiembre de 2020

Primeiros días de cole

Os primeiros días de cole adicámonos a recuperar o tempo perdido cos nosos compis. Puxémonos ao dia contando o que fixemos ao longo do verán e tamén gozamos dos diferentes recunchos. Primeira toma de contacto coa volta á rutina. E tamén decoramos a un novo integrante da aula, onde tiramos todos os nosos desperdicios.












 


Proxecto o corpo

Podedes gozar dun resumo sobre o que traballamos no proxecto do corpo. Presentámosvos a Fermín, foi con el co que comezou todo Estas son alg...