miércoles, 28 de abril de 2021

Prensamos flores

 Hoxe saimos ao patio e estivemos vendo o libro de Flores de Hervé Tullet. Observamos as flores, as cores, miramos a través del... Despois disto collimos algunhas flores e prensámolas. Dentro dun tempiño veremos como quedaron.













martes, 27 de abril de 2021

Torreta

Estreamos xogo novo. Temos que estar moi atentos ao que nos sae no dado, xa que temos que atender ao número e á cor. Despois imos colocando as pezas unhas enriba doutras. Ao principio caíasenos, pero cada vez imos perfeccionando máis a técnica.









 

viernes, 23 de abril de 2021

Día do libro

Para conmemorar o día do libro realizamos un bookface. Seredes capaces de adiviñar quen é cada un e cada unha?








































 

jueves, 22 de abril de 2021

As flores

Empregamos a caixa de cor número 3 de Montessori. Traballamos a observación, o sentido cromático ( gradación da cor), tipos de flores...etc.















jueves, 15 de abril de 2021

Xogos primaverais

Temos que colocar as flores segundo o número que saia no dado. Hai que ten en conta que esta árbore móvese moito, temos que conseguir que quede equilibrada para que as flores non caian.



Estámonos convertendo nuns expertos e nunhas expertas en crear mandalas de flores.






Fixámonos nas cores que teñen as flores e introducimos no limpiapipas as pezas que se corresponden con esa cor. Para facer isto estamos moi concentrados/as.


Cosido de flores. É algo traballoso, pero dásenos moi ben.




Aprendemos palabras relacionadas coa primavera.



 

Proxecto o corpo

Podedes gozar dun resumo sobre o que traballamos no proxecto do corpo. Presentámosvos a Fermín, foi con el co que comezou todo Estas son alg...