viernes, 30 de octubre de 2020

A celebración

 Hoxe foi un día  moi emocionante. Disfrazarnos é algo que nos gusta moito. Para sacar a foto intentamos poñer cara de medo a ver se asustábamos á cámara. Este foi o resultado:











No patio fixemos un conxuro que por arte de maxia apareceu na clase. Transformámonos todos en bruxas e bruxos, concentrámonos, engadimos todos os ingredientes e....fíxose a maxia! Pinchade no enlace e mirade:

https://youtu.be/zEkGqg4L9bg

Tamén fixemos un taller de pócemas. 








Ao rematar deixamos rexistro das mesturas que conseguimos facer.


Creamos un pote de pocións. Mesturamos cores, dobramos o papel, purpurina máxica e isto e o que saiu:









Pasámolo xenial!



miércoles, 28 de octubre de 2020

As cabazas

 Levamos as nosas cabazas á exposición da entrada, colocámolas e estivemos vendo todas as que trouxeron os nosos compis. Eran unha chea! 








Tamén axudamos co resto da decoración. Os nosos morcegos estiveron colgados na entrada. Xa os veredes cando os levemos para casa, estamos moi simpáticos!







martes, 27 de octubre de 2020

A nosa porta e as fiestras

Decoramos a porta. Escollimos un pote grande e transformámonos en bruxas e bruxos. Traballamos un montón, mirade!













E isto non foi todo, as fiestras tamén nos quedaron ben bonitas coas nosas manualidades de samaín.





















Proxecto o corpo

Podedes gozar dun resumo sobre o que traballamos no proxecto do corpo. Presentámosvos a Fermín, foi con el co que comezou todo Estas son alg...